O Domingo 19/12/2010, celebrouse a XLIX Gran Premio do Nadal- Carreira do Pavo en Vigo.
A proba organizada pola Delegación de Atletismo de Vigo, ca colaboración do Concello de Vigo e Corte Inglés, acolleu a centos de atletas e o público asistente gozou dun excelente día de pedestrismo, contando con un aceptable nivel de participación.
O circuito realizouse polas rúas Victoria, Concepción Arenal, Luis Taboada, Montero Rios, García Olloqui, a climatoloxía respectou a cidade olívica e fixo resaltar aínda máis o evento atlético. Os preto dun millar de atletas (Según a Organización), puideron disfrutar dun día de atletismo popular participando nunha proba na que os seus orixines se remonta ao ano 1943. Durante a manhán disputáronse o carreiras, e unha vez mais a Organización non cumpriu cos horarios previstos, e ademais o díptico da proba tinha varios erros. Na carreira absoluta feminina o triunfo foi para Joana Costas, seguida de Solange Pereira e Esther Navarrete. Na carreira masculina, salientar o triunfo Marco Morgado, 2º O marinense Víctor Riobó e 3º Juan Pablo Fernándes.
Borja Cadilla participou na carreira senior (7.988 m), e pasou a meta en 33´43", acadou o posto 73 e representou o Club San Xerónimo Emiliani. Correu de adiante hacia atrás.

Manuel Franco correu na categoría de veteranos, realizou a carreira de atrás haciaadiante entrando en meta no posto 66 (distancia 5.728 m, correu como independiente.

Na categoría xuvenil correron Rocio Martínez(7ª en 15´07") e Sara Marquez 13ª en 17´59"),distancia (3.623 m) representado o Club Val Minhor
Reportaxe feito por Xosé Antonio González Morais
No hay comentarios:
Publicar un comentario