lunes, 6 de diciembre de 2010

A QUÉ AGARDA O CHAMADO GRUPO DE GOBERNO PARA IMPLANTAR O SERVIZO DE GRÚA

A QUÉ AGARDA O CHAMADO GRUPO DE GOBERNO PARA IMPLANTAR O SERVIZO DE GRÚA.

O feito de escomenzar este artigo con unha pregunta - A qué agarda o chamado grupo de goberno para implantar o servizo de grúa? - ten, como non podía ser doutro xeito, a súa correspondente xustificación. No seu día foi aprobada pola Corporación Municipal do Concello de A Guarda, a ordenanza reguladora do servizo de grúa. Desde aquela até hoxendía, pasaron varios anos, e ningún goberno municipal se atreveu a polo en marcha. As consecuencias coñécen-nas non poucos cidadáns, que mália a pagar a correspondente tasa municipal en concepto de vado permanente, chegado o intre en que algún usuario da vía pública - despistado ou neglixente, que de todo hai -, estaciona diante do acceso a un garaxe, xurden os problemas, non para o despistado ou neglixente, senón para o/os contribuínte/s que habendo pagado a devandita tasa municipal por vado permanente, e tendo en lugar visíbel a sinal correspondente, ten que andar facendo a labor que lle correspondería a outras persoas. Por exemplo, en primeira instancia, e de motu propio, ou logo de haber sido avisados polos afectados, os axentes da Policía Local; e deseguido, o persoal do servizo de grúa municipal, sexa ésta de propiedade do concello ou da empresa que por acordo municipal, teña adxudicada - con arranxo á lexislación aplicabel - á concesión para desenvolver esa actividade.


O que non é de recibo é que a ordenanza municipal exista, e a día de hoxe non se hubera posto en práctica.

Coidamos que non se xustifica que alguén se esmerase en redactar un texto - probablemente "mellorado" a partires do existente noutro concello -, e que posteriormente fose aprobado polo órgao municipal correspondente, e logo de uns cantos anos da súa aprobación sexa simplemente, papel mollado.

Para ese viaxe non facían falla esas alforxas!

Por outra banda, consideramos que se un cidadán chama o teléfono - 986 610 025 - da Policía Local de A Guarda, é porque precisa algunha axuda dos axentes. E que, por motivos que descoñecemos, obteña como resposta a esa chamada unha mensaxe que diga máis ou menos "Movistar le informa que el teléfono al que llama está apagado o fuera de cobertura", non é, nin operativo, nin própio dos tempos en que vivimos.

Xa pode ún precisar á axuda da Policía Local! Vai aviado!

Non se pode aturar que nestes tempos haiba que aguantar ese tipo de atrancos, digamos "técnicos", que o chamado grupo de goberno, con maioría absoluta, logo de tres anos e medio a fronte do concello, aínda non logrou resolver - porque nin siquera se preocupou -, cando para iso non é necesaria unha acomodaticia maioría absoluta, que non sen razón, algúns veciños, califican de maioría absolutista. Nin tampouco que un concelleiro se beneficie da compensación económica que inmerecidamente percebe pola súa adicación parcial, que pagamos tódolos contribuíntes.

É unha vergoña que os veciños afectados polo estacionamento indebido de un vehículo diante do acceso a un garaxe, que ademáis - reiteramos - paga á correspondente tasa municipal e amose en lugar axeitado, a sinal de vado permanente, teña que andar, de porta en porta, preguntando polo propietario ou conductor do vehículo que de xeito intrusivo, estacionou onde non debía.

Pero iso, craro está, non lle quita o sono os membros do chamado grupo municipal de goberno.

Quén se atribuiría á responsabilidade que podería derivarse dunha urxencia, que pode rematar en tráxicas consecuencias, porque algún usuario do garaxe obstruído por un vehículo estacionado en lugar indebido, non pode sair co seu vehículo, para trasladar a un doente a un centro asistencial?

Tal vez o alcalde pelegrín?

Ou o concelleiro que no seu intre "negociou" a súa adicación parcial, non prevista inicialmente, pero que lle foi concedida, porque total, paga o pobo?

Ogallá non haxa que lamentar ningún fatal acontecemento, porque en caso contrario, os familiares da persoa afectada non andarían de porta en porta. Irían directamente o xulgado de guarda.

INFORMACIÓN PUBLICADA  Y  FACILITADA POR INFOGAUDA.



No hay comentarios: