miércoles, 3 de noviembre de 2010

¿ RUA PRIVADA EN A GUARDA ?


O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte:

OS FEITOS SON:

Que o transversal peatonal, que comunica cas rúas Tominho e Ourense, o equipo de Goberno a converteu en unha rúa privada.
Décimos isto pola colocación de bolardos ou esteos de ferro , xunto a rúa Tominho, imaxinámonos que as chaves as tenhen os donos do garaxe dese transversal peatonal.
Os propietarios dos turismos que os deixan nas beirarrúas non tenhen coherencia nin respecto cara a cidadanía e impiden o paso aos transeúntes. O lóxico sería que os gardaran no garaxe, xa veremos quen paga os arranxos no futuro.
Imaxinámonos que serán amigos dos actuais Gobernantes, esta é para nos a explicación deste privilexio. ¿Haberá mais rúas públicas que pasarán a ser privadas en A Guarda? ¿Con esta medida o Concello aumentará a imposición de tributos especiais?.

Dende Esquerda Unida solicitamos:

A eliminación dos bolardos instalados por coherencia e respecto cara os demais cidadáns, e que as autoridades controlen, o estacionamento dos turismos en esta rúa.

No hay comentarios: