jueves, 9 de septiembre de 2010

OSCAR VICENTE - TERCEIRO NO CAMPIONATO DO MUNDO DE TRIATLÓN


OSCAR, coa súa medalla, flanqueado polas concelleiras de Cultura e de Servizos Sociais.

Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal

O Rosaleiro OSCAR VICENTE RODRIGUEZ, que foi recibido onte no Concello, vén de conseguir no seu primeiro ano na categoría sub 23 unha sensacional MEDALLA DE BRONCE no Campionato do Mundo de Duatlón celebrado en Edimburgo (Escocia) o domingo 5 de setembro.
Óscar, que dende esta temporada conta con novo adestrador ( LUIS PIÑA, Seleccionador Galego de Triatlón) formóu ademáis parte do equipo do Cidade de Lugo Fluvial que alcanzóu a vitoria o pasado 8 de agosto na “Copa del Rey de Triatlón por Clubes”. Os seus compoñentes: Miguel Ángel Acosta, Jesús Gomar, David Castro, Adrián Vázquez, Javier Gómez Noya e o propio OSCAR.
O vindeiro 18 de setembro este xove deportista competirá no “Campeonato de España de Triatlón por Selecciones Autonómicas” que este ano se celebrará en Cangas do Morrazo.

Información facilitada por: INFOGAUDA.

No hay comentarios: