jueves, 30 de septiembre de 2010
ESQUERDA UNIDA VALORA A FOLGA XERAL COMO UN ÉXITO INCUESTIONABLE QUE OBRIGARÁ AO GOBERNO DO PSOE A MODIFICAR AS SÚAS POLÍTICAS ECONÓMICAS ANTISOCIAIS
EU CONSIDERA QUE O 72% DE SEGUIMENTO DA FOLGA VEN A DEMOSTRAR QUE A CIDADANÍA REXEITA CON ROTUNDIDADE A REGRESIVA CONTRAREFORMA LABORAL E OS RECORTES SOCIAIS DESENVOLVIDOS POLO GOBERNO
ESQUERDA UNIDA VALORA A FOLGA XERAL COMO UN ÉXITO INCUESTIONABLE QUE OBRIGARÁ AO GOBERNO DO PSOE A MODIFICAR AS SÚAS POLÍTICAS ECONÓMICAS ANTISOCIAIS
EU SALIENTA A MADUREZ DA CIDADANÍA GALEGA QUE SUPEROU A MEDIA ESTATAL CUNHA PARTICIPACIÓN DO 82% E MULTITUDINRIAS MANIFESTACIÓNS DESENVOLVIDAS NAS PRINCIPAIS CIDADES GALEGAS
O 29 de setembro lembrarase como un día histórico para a clase traballadora, que cun seguimento da Folga Xeral superior ao 72% ven de rexeitar con rotundidade a regresiva contrareforma laboral e os recortes sociais desenvolvidos polo Goberno central.
Esquerda Unida valora a Folga Xeral como un éxito incuestionable que obrigará ao Goberno do PSOE a modificar as súas políticas económicas antisociais desenvolvidas ao ditado dos mercados, e dicir do poder económico e os especuladores.
EU salienta a madurez da cidadanía, especialmente a galega, que cunha participación superior ao 82% e con máis de 110.000 manifestantes nas rúas galegas deixa ven claro que non está disposta a pagar as consecuencias dunha crise da que non é responsábel.
Así pois, a mensaxe enviada polo conxunto de traballadores e traballadoras, tanto ao Goberno do PSOE no conxunto do estado como ao Goberno do PP na Galiza, deixa ben as claras o absoluto rexeitamento das medidas económicas de corte neoliberal desenvolvidas por ambos os dous gobernos, baseadas nos recortes sociais e laborais e o debilitamento do público a prol do beneficio privado.
O amplo aval acadado polas organizacións sindicais, neste día de loita, ven a cobrar maior importancia, se cabe, diante da campaña mediática contra as organizacións sindicais e a esquerda alternativa e transformadora desenvolvida polos lobbys neoliberais e conservadores, nun vano intento de por de xeonllos a maioría social diante do capital.
Asemade, Esquerda Unida congratúlase por conseguir transmitir a sociedade as súas propostas para unha saída social e de esquerdas a crise que demostran que hai unha alternativa favorábel para a maioría social baseada nun principio elemental como o de solidariedade “quen máis ten, máis aporta”.
JOSÉ ANTONIO GONZÁLEZ MORÁIS
A GUARDA , 29/09/2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario