miércoles, 7 de abril de 2010

ESQUERDA UNIDA CUESTIONA A MELLORA DO TRÁFICO NA RUA ROSALÍA DE CASTRO





O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Dín que este ano é “santo”, e ata Galicia achegaranse moitos visitantes, na súa maioría ata Santiago de Compostela. Posiblemente ata A Guarda chegarán moitos autobuses para visitar o monte Trega.
Como tódolos guardeses saben na Rúa Rosalía de Castro no seu marxe dereito en dirección ata Camposancos pintaron a raia para que estacionen turismos, etc… Na recente “rehabilitación” da Alameda - para Esquerda Unida un auténtico dislate -, como saben tódolos guardeses, achicaron a estrada Rosalía de Castro, e dos 736.503,69 € gastados non chegaron os cartos para pintar a raia central desta rúa.
O sábado, 03/04/2010 dous autobuses que circulaban en sentido contrario, non collían nesta rúa, xa veredes os atascos que se formarán no vindeiro verán. ¿Onde está a mellora do tráfico?.
Na recente “rehabilitación” da Alameda - para Esquerda Unida un auténtico dislate -, como saben tódolos guardeses, achicaron a estrada Rosalía de Castro, e dos 736.503,69 € gastados non chegaron os cartos para pintar a raia central desta rúa.

Onde está a raia central neste tramo da Rúa Rosalía de Castro?


DENDE ESQUERDA UNIDA SOLICITAMOS:

Que se pinte a raia central da Rúa Rosalía Castro.
Que o responsable de tráfico faga as reformas pertinentes para evitar atascos e dar unha imaxe coherente.


A Guarda a 06/04/2010

No hay comentarios: